Living Lab
Espazo de innovación aberta
O Living Lab do proxecto Smartiago é un espazo web de innovación aberta e transferencia tecnolóxica, para a análise da mobilidade e o deseño de esquemas que melloren a sustentabilidade dos desprazamentos no centro e casco histórico de Santiago de Compostela.
Participa no Living Lab simulando e probando modelos de mobilidade peonil sostible.
Servizos do Living Lab
- Acceso ao simulador.
Acceso web privado ao simulador para configurar e realizar simulacións de interese para o cliente, permitindo axustar os diferentes parámetros que o simulador ten. - Comparativa de simulacións.
Permite comparar os diferentes resultados de simulacións gardadas previamente polo usuario con configuracións diferentes. - Configuración e análise experto.
Servizo de consultoría ou asesoramento proporcionado por colaboradores do simulador para o deseño de proxectos de simulación no Living Lab. - Novos casos de uso do simulador.
Consultoría de desenvolvemento de software que permitiría incluir novos casos de uso no simulador a demanda.
- Incubación de proxectos.
Impulso de proxectos de simulación, baseados no Living Lab ou no coñecemento xerado no marco do proxecto Living Lab. - Cursos de formación.
Acceso a sesións de capacitación, xornais ou baixo demanda, no uso das ferramentas de simulación. - App móbil – Xeomarketing.
Acceso a servizos de xeomarketing a través da aplicación móbil do Living Lab. - App móbil – Promoción de roteiros.
Deseño de roteiros comerciais, turísticas e/ou gastronómicas acompañadas de promocións, eventos e accións gamificadas que inviten ao usuario da aplicación a recorrelas.
Participa no Living Lab
Podes participar no Living Lab como:
Beneficiario
Desenvolvendo solucións e vinculadas á mellora da sustentabilidade ambiental da mobilidade a través do xemelgo dixital.
Colaborador
Probando solucións ou achegando medios para desenvolver ou aplicar os desenvolvementos realizados polos beneficiarios.
Participante
En eventos e actividades: hacktones, sesións de capacitación en aberto e sesións científicas, Think Tank…
Como ser usuario do Living Lab
Se tés interese en ser beneficiario do Living Lab, cumprimenta este formulario presentando a túa idea de proxecto e envíao por correo.
- Acceder aos servizos do Living Lab, incluíndo simulacións no xemelgo dixital, formacións, consultoría especializada ou incubación virtual dos proxectos.
- Acceder á información e funcionalidades desenvolvidas por parte do resto de beneficiarios do Living Lab.
- Participar nas fases de deseño e definición da plataforma.
- Mellorar o posicionamento da marca gracias á divulgación.
- Acceder á rede de contactos do Living Lab