Santiago de Compostela,
a cidade intelixente

Queremos formar parte do camiño cara ao futuro
Smartiago Santiago de Compostela

¿QUE É
unha Smart City?

Unha Smart City ou cidade intelixente, busca ter un desenvolvemento sostible e eficiente.

En Santiago de Compostela queremos avanzar coidando do medio ambiente e incentivando a innovación tecnolóxica. Somos unha cidade que se caracteriza pola súa historia, patrimonio e contorna, queremos coidar cada un dos nosos piares.

Con este obxectivo nace o Proxecto Smartiago, o camiño intelixente para converter a Santiago de Compostela nunha Smart City.

Crecemento
e mobilidade sostible:

App SmartWay Smartiago

Un dos grandes retos das cidades intelixentes é compatibilizar a mobilidade e o transporte sostible. A clave para conseguir unha mobilidade alternativa está na tecnoloxía e no compromiso da poboación.

Dentro de Smartiago nace a app SmartWay, para premiar a quen queira sumarse á mobilidade sostible neste novo concepto de cidade.