A palabra sostibilidade fai referencia á capacidade de cubrir as necesidades do presente sen comprometer as necesidades das futuras xeracións. Se queres comezar a modificar os teus hábitos para ser máis sostible, un bo punto de partida pode ser a túa propia casa.
Todas as nosas accións teñen un impacto no mundo que nos rodea, de nós depende que este impacto sexa positivo ou negativo. Para axudarte a respectar o medio ambiente e que este efecto sexa o máis beneficioso posible, traémosche unha serie de consellos e de hábitos sostibles na casa. Toma nota!
Aforrar electricidade
Existen unha serie de hábitos sostibles que che axudarán a facer un consumo de enerxía moito máis responsable. Algúns deles son:
- Compra electrodomésticos con certificación A+ ou superior, xa que consumen menos enerxía. Procura, ademais, que se adapten as túas necesidades (por exemplo, se vives só non che fará falta un frigorífico demasiado grande).
- Emprega lámpadas de baixo consumo e apaga sempre as luces das habitacións nas que non esteas. Tamén podes aproveitar a luz natural abrindo persianas e cortinas para evitar acender lámpadas innecesariamente.
- Illa ben a túa casa, poñendo especial atención nas fiestras, xa que é un dos lugares onde máis temperatura se perde. Desta forma protexeraste mellor tanto do frío como da calor e non precisarás recorrer demasiado á calefacción.
- Evita sempre a opción “standby” dos aparatos electrónicos. Aínda que pareza que non, o modo repouso tamén consome electricidade. Un truco que che pode axudar é instalar regretas con botón que podes apagar cando non a utilices.
Aforrar auga
Vivir nunha zona de abundantes precipitacións non te libra de evitar malgastar auga. Trátase dun hábito de vida sostible que che agradecerá tanto o medio ambiente como o teu peto. Hai moitos pequenos xestos que che poden axudar a logralo:
- Dúchate en lugar de bañarte, xa que hai una gran diferenza de consumo. Ademais, intenta que a ducha sexa o máis curta posible, cada minuto coa brilla aberta consúmense moitos litros de agua.
- Utiliza a lavadora e o lavalouzas sempre cheos.
- Pecha as billas mentres te enxaboas, cepillas os dentes, te afeitas…
- Ten coidado coas fugas de auga de calquera tipo en billas, váter e ducha.
- Non utilices o retrete como o cubo do lixo. Ademais de gastar auga, estás vertendo produtos contaminantes. Para iso recomendámosche poñer un pequeno cubo do lixo no baño.
- Rega de noite xa que a terra reterá mellor a agua ao haber unha temperatura menor.
Reciclar na casa
A regra dos tres R é un mantra para calquera persoa que queira levar unha vida máis sostible. Esta consiste en reducir o volume de residuos, reutilizar os envases e reciclar todo aquilo que non se poda reutilizar. Para seguila recomendámosche:
- Evitar o uso de plástico. Compra alimentos a granel, utiliza o vidro como opción ao envasado ou lémbrate de levar contigo unha bolsa de tea sempre que vaias a mercar. Son pequenos hábitos que che axudarán a reducir os plásticos na casa.
- Aproveita ao máximo o papel. Imprime a dúas caras, emprega papel reciclado, aproveita os papeis que teñas por casa…
- Emprega cubos de lixo para reciclar na casa. Desta forma poderás separar os plásticos, papeis, vidro ou residuos orgánicos e reciclar dende a túa casa.
- Utiliza os puntos limpos. Leva pilas, electrodomésticos, aceites, etc.
Cambiar a túa alimentación
A forma na que nos alimentamos tamén inflúe moito nos nosos hábitos sostibles. Algúns consellos para mellorala son:
- Controlar o gasto en comida. Para iso realiza un menú semanal e, a partir del, unha lista da compra para mercar soamente o necesario.
- Controla as cantidades cando cociñes. En caso de que sobre, lembra que sempre podes conxelalo para outro día.
- Practica a cociña de aproveitamento para evitar desperdiciar comida.
- Se podes, monta unha pequena horta no teu xardín, terraza ou balcón. No caso de que non dispoñas de espazo suficiente para facelo, sempre podes recorrer a alugar unha horta urbana. Cultiva plantas que saibas que vas a consumir habitualmente, como herbas aromáticas ou hortalizas. Estarás aforrando uns euros na cesta da compra e contribuíndo ao consumo de produtos quilómetro 0.
Consumir de forma responsable
O consumo responsable é unha actitude e unha forma de vivir que implica facer un consumo consciente e crítico. Isto demóstrase tanto á hora de comprar un produto como no uso eficiente dos recursos do noso fogar. Para levar a cabo un consumo responsable deberías:
- Consumir soamente o que necesites.
- Comprar en tendas con produtos de comercio xusto ou ecolóxico.
- Ser crítico, infórmate do que supón consumir los produtos que utilizas habitualmente.
- Non fagas caso ás ofertas nin á cultura do consumismo e do usar e tirar.
Santiago de Compostela aposta pola sostibilidade
Como xa che contamos en posts anteriores, o Concello de Santiago de Compostela está apostando por un novo modelo de cidade, o das smart cities. Un tipo de cidade capaz de combinar o coidado do medio ambiente e o desenrolo sostible co crecemento e innovación.
Desde Smartiago tamén estamos implicados coa sostibilidade da nosa cidade e, co noso proxecto, comprometémosnos a levar a cabo unha xestión sostible dos residuos sólidos urbanos. Porque cos pequenos xestos de todos podemos axudar ao noso planeta.
COFINANCIACIÓN FEDER
O proxecto Smartiago desenrólase en virtude a un convenio de colaboración da Línea FID (Fomento da Innovación dende a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020. Tamén está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10%.