Rutas en Santiago de Compostela a pé ou en bicicleta

Sábado, 10 Setembro, 2022

Santiago de Compostela é cada día o destino de centos de peregrinos que chegan á capital despois de, xa sexa camiñando, en bicicleta ou a cabalo, varios centenares de quilómetros. Porén, as opcións que ofrece Santiago para descubrila a pé non rematan aí. Se queres descubrir novas rutas por Santiago de Compostela, non perdas nada deste post.

 

Ruta intramuros: camiñar por Santiago de Compostela

Dende a oficina de turismo de Santiago de Compostela propóñennos esta ruta a pé por Santiago de Compostela. Todo o seu recorrido localízase no casco histórico da cidade, pasando polos lugares máis destacados e coñecidos como o entorno da catedral. Aínda así, tamén inclúen outros recunchos menos visitados que non te podes perder. Nesta ruta visitarás:

  • Praza do Obradoiro.
  • Catedral de Santiago.
  • Praza da Inmaculada.
  • Praza da Quintana.
  • Praza de Praterías.
  • As vivendas da nobreza renacentista da rúa do Vilar, da rúa de Entrerrúas ou da praza de O Toural.
  • A facultade de Xeografía e Historia.
  • Praza de Cervantes.
  • Rúa do Franco.
  • A Alameda.

A dificultade desta ruta é baixa e ten unha duración aproximada de 2 horas e 45 minutos.

 

Ruta extramuros: unha andaina por Santiago de Compostela chea de contrastes

Se algo fai famosa a Santiago é a súa catedral e o entorno que a rodea. Pero se deixamos a un lado isto, hai moito máis que merece a pena ver e coñecer. Esta ruta en Santiago de Compostela é unha opción alternativa á ruta intramuros que a complementa e comeza xusto onde rematou, na Alameda. 

A ruta extramuros proponnos pasear polos parques que rodean a cidade antiga, espazos verdes onde gozar dos arboredos, plantas e natureza. Ademais, nelas atópanse importantes monumentos relixiosos como conventos e mosteiros que contrastan coas arquitecturas contemporáneas da cidade. Se te decides a camiñar por Santiago de Compostela seguindo esta ruta, poderás ver:

  • Parque da Alameda.
  • Campus Universitario Sur e Norte.
  • Carballeira e convento de San Lorenzo.
  • Río Sarela e barrio de O Carme.
  • Parque de Galeras e de Vista Alegre.
  • Auditorio de Galicia.
  • Conventos do Carme e de Santa Clara e Antigo Hospital de San Roque.
  • Parque de San Domingos de Bonaval.
  • Parque de Belvís, Convento de Belvís e Seminario Menor.
  • Centro Sociocultural de A Trisca.
  • Colexiata de Santa María do Sar e Cidade da Cultura.

 

Ruta polo Monte Pedroso: un sendeiro por Santiago de Compostela marcado por catorce cruceiros

O monte Pedroso ten un dos miradoiros máis emblemáticos da cidade. Tanto é así que está protexido, dende fai anos, de calquera tipo de construción para que ningún edificio podada superar en altura á basílica do Apóstolo. 

Hai varias rutas cerca de Santiago de Compostela que recorren as ladeiras do  monte Pedroso pero, a máis tradicional, é a que segue os catorce cruceiros. Estes representan os últimos momentos da vida de Xesucristo, é dicir, as diferentes estacións do vía crucis.

Para comezar a ruta no primeiro dos cruceiros, teremos que ir ata o barrio das Galeras. Os primeiros metros transcorren en paralelo ao curso do Rego de Bar que, pouco a pouco, vainos levando á Granxa do Xesto. A partir de aquí a pendente vaise facendo máis pronunciada e poderemos ver máis cruceiros ata chegar ao que coroa a cima do monte.

A ruta non presenta moita dificultade e poderíamos facela nuns 40 minutos.

 

Ruta polo Val do Ulla: unha ruta en Santiago de Compostela en bicicleta

Para os amantes do ciclismo traemos tamén unha opción de ruta en bici cerca de Santiago de Compostela. Esta concretamente discorre polo val do Ulla, no concello de Vedra a uns 20 quilómetros da capital galega.

É unha ruta apta tanto para ciclistas principiantes como para expertos, o que a fai perfecta para poder practicar ciclismo e, á vez, gozar da paisaxe e da natureza que o rodea. O val do Ulla é un espazo protexido pola Rede Natura 2000 e é coñecido como a “horta e xardín de Compostela” xa que o seu microclima convérteo nun lugar perfecto para a agricultura e o cultivo de plantas como a camelia.

Conta con dúas seccións circulares e sinalizadas. A primeira, ten unha distancia de 35 quilómetros e unha duración aproximada de 4 horas. Porén, se optas pola segunda, terás que recorrer uns 16 quilómetros en 2 horas.

 

Rutas en Santiago de Compostela: exemplo de mobilidade sostible

Como puideches comprobar todas estas rutas son perfectas para exercer a mobilidade sostible e aproveitar todos os beneficios que esta supón. Así que agora que xa che ensinamos as mellores rutas de sendeirismo por Santiago de Compostela, ¡é hora de que te poñas en marcha!

Non te esquezas de que, empregando a nosa App Smartway, podes conseguir puntos facendo rutas por Santiago que poderás intercambiar en comercios locais, cines, descontos… Fagamos entre todos que Santiago de Compostela sexa unha cidade sostible!

 

COFINANCIACIÓN FEDER

O proxecto Smartiago desenrólase en virtude a un convenio de colaboración da Línea FID (Fomento da Innovación dende a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020. Tamén está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10%.