O 25 de setembro de 2015 os líderes mundiais acordaron implantar os 17 Obxectivos de Desenrolo Sostible das Nacións Unidas para erradicar a pobreza, protexer o planeta e garantir a paz e a prosperidade. Estes obxectivos fixáronse dentro da Axenda 2030 sobre o desenrolo sostible.
Dentro destes 17 obxectivos, o número 11 fala sobre as cidades e comunidades sostibles. Se queres saber máis sobre este tipo de cidades non perdas este post, xa que nel contarémosche cales son os elementos dunha cidade sostible.
Que é unha cidade sostible?
As cidades son centros de crecemento económico, xa que contribúen aproximadamente ao 60 % do PIB mundial. Pero tamén son responsables de arredor do 70 % das emisións de carbono mundiais e empregan máis do 60 % dos recursos dos que dispoñemos. A rápida urbanización está aumentando o número de habitantes en barrios pobres, infraestruturas e servizos inadecuados e sobrecargados, o que provoca unha maior contaminación do aire e un crecemento urbano incontrolado.
Dado que, aproximadamente a metade da humanidade vive en cidades, as solucións a estes problemas deben comezar nas cidades e aí é onde entran as cidades intelixentes e sostibles.
Segundo a ONU, as cidades sostibles son aquelas que se dedican a lograr a sostibilidade verde, a sostibilidade social e a sostibilidade económica. Son cidades capaces de satisfacer as necesidades dos seus habitantes actuais sen poñer en risco os recursos que necesitarán as xeracións futuras. Ademais, tamén se preocupan polo coidado do medio ambiente, xa que buscan reducir as emisións de CO2, impulsar as enerxías renovables, implementar unha mobilidade sostible e apostar pola economía circular.
Que indicadores fan a unha cidade sostible?
Non existe un único modelo de cidade sostible xa que cada unha vai implementando as súas propias solucións. O que si teñen todas en común é a procura do equilibrio entre desenrolo e benestar. Algúns requisitos que debe cumprir calquera cidade para ser considerada sostible son:
Contar con recursos públicos básicos
Calquera cidade sostible debe poder dotar aos seus habitantes de recursos públicos básicos de calidade. Entre estes recursos estarían a educación, centros de saúde, transporte público, recollida de lixo, seguridade…
Renovar o espazo público
Hai que adaptar rúas, prazas, parques… Unha cidade sostible evita edificios baleiros e emprega o espazo existente da maneira máis eficiente posible. Esta adaptación pasa por conservar o patrimonio cultural e incorporalo á nova cidade.
Reducir as emisións de CO2
Reducir a emisión de calquera tipo de gas prexudicial para a capa de ozono é un dos factores máis importantes para considerar sostible a unha cidade. Para acadalo é necesario implementar o uso de enerxías renovables ou de medios de transporte alternativos.
Optar polo comercio xusto
O consumismo representa todo o contrario á filosofía e valores das cidades sostibles. En cambio, optan por modelos de comercio xusto que fomentan a compra local, o emprego de materias primas sostibles, a xestión dos residuos, a agricultura ecolóxica ou o uso sostible de embalaxes
Aplicar a tripla fórmula na cidade
Reducir, reutilizar e reciclar é o emblema de calquera cidade que se defina como sostible. Hai que concienciar á poboación sobre a importancia de reciclar na cidade e de reducir o consumo.
Exemplos de cidades sostibles
A aplicación, en maior ou en menor medida, dos requisitos mencionados anteriormente permiten elaborar un ránking das cidades máis sostibles do mundo.
Oslo
A capital de Noruega sitúase no posto número un polo seu bo uso das enerxías renovables, a cantidade de parques e zoas verdes das que dispón, a súa xestión dos residuos, o emprego de materias primas sostibles…
Estocolmo
Destaca, sobre todo, a súa conexión Wi-Fi, o transporte sostible, a redución da desigualdade salarial e da contaminación atmosférica ou a facilidade que ofrece para facer negocios e finanzas verdes.
Tokio
Tokio obtén a medalla de bronce polo seu transporte, conectividade, finanzas verdes e as boas condicións de emprego.
Copenhague
O seu punto forte é o piar medioambiental. Destacan os seus esforzos en accións climáticas e en facer da cidade un lugar moito máis habitable e capaz de satisfacer as necesidades dos seus habitantes.
Berlín
A capital xermana entra no top 5 gracias á cantidade de espazos verdes dos que dispón ou á redución de gases de efecto invernadoiro.
Santiago de Compostela cidade sostible
A axenda urbana é o punto de referencia para a planificación estratéxica de Santiago de Compostela durante a próxima década. A elaboración deste documento está baseado nas directrices marcadas pola Axenda 2030 de Nacións Unidas e os seus 17 Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS). Seguindo as recomendacións do obxectivo número 11, Santiago de Compostela puxo en marcha un plan co fin de alcanzar unha urbe inclusiva, segura e resiliente.
Dentro deste plan atópase o noso proxecto Smartiago. O principal obxectivo é transformar á capital galega nunha cidade intelixente capaz de combinar o coidado do medio ambiente e o desenrolo sostible co crecemento e innovación de Santiago de Compostela. Para iso seguimos tres liñas de actuación: mobilidade sostible e intelixente, iluminación intelixente e xestión sostible de residuos.
COFINANCIACIÓN FEDER
O proxecto Smartiago desenrólase en virtude a un convenio de colaboración da Línea FID (Fomento da Innovación dende a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020. Tamén está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10%.