As cidades adáptanse e transfórmanse para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. Cada vez unha maior parte da poboación vive nas cidades e isto fai que sexa necesario buscar novas formas de desenrolo e solucións sostibles. Todas as grandes cidades buscan mellorar os seus sistemas de transporte, protección ou espazos públicos coa tecnoloxía. De aí xorde o concepto de smart cities ou cidades intelixentes. Neste post falamos de que requisitos ten que cumprir unha cidade para ser cualificada como smart e exemplos de cidades que xa empezaron a implementar os cambios.
Que é unha Smart City?
Non existe unha definición oficial do que é unha Smart City, do que si podemos é falar de compoñentes comúns entre as cidades que están facendo a transición a cidades intelixentes. Os sistemas de transporte incorporan o concepto de mobilidade sostible para mellorar os núcleos urbanos e reducir a contaminación. Desta forma, permítese que a xente se mova de forma máis rápida e eficiente. Dixitalízanse os sistemas de saúde, facilitando o rexistro, diagnóstico e medicación e, en xeral, calquera trámite que facilite a vida dos cidadáns.
Podemos falar entón do concepto de smart cities como aquelas cidades que empregan a tecnoloxía da información e comunicación (TIC) para mellorar as infraestruturas e servizos para os cidadáns, baseándose nos conceptos de sostibilidade e eficacia. É dicir, estamos falando de cidades intelixentes que buscan mellorar a calidade de vida dos cidadáns a través da transformación dixital.
Cidades intelixentes: características
Unha cidade intelixente busca o desenrolo urbano sostible, a través das novas tecnoloxías, con polo menos tres obxectivos principais: a mellora da eficiencia enerxética, a redución de emisións de CO2 e o benestar da poboación. O feito de ter obxectivos compartidos fai que as cidades intelixentes teñan características comúns:
- Uso das tecnoloxías da información e da comunicación
- Automatización de procesos.
- Planificación urbana eficiente.
- Mobilidade sostible e transporte público ecolóxico.
- Xestión intelixente dos residuos.
- Mellora das condicións medioambientais.
- Preocupación polo entorno e pola vida dos cidadáns.
- Tecnoloxías aplicadas a diferentes campos: educación, saúde, comercio, seguridade…
- Transparencia total do goberno.
- Compartición e análise de datos.
Exemplos de cidades intelixentes
Calquera plan de cidades intelixentes busca lidar co problema da sobrepoboación nos núcleos urbanos e as consecuencias que recaen sobre as sociedades como o abastecemento enerxético, as emisións de CO2, a provisión de materias primas ou a prestación de servizos públicos. Traémosvos algúns exemplos de cidades intelixentes e por que son consideradas como tal.
Smart cities ao redor do mundo
Londres marcouse cinco misións para implementar o seu plan de Smart City: servizos deseñados para os cidadáns, xerar e analizar datos a gran escala, conectividade real, mellorar as habilidades dixitais de toda a poboación e fomentar a colaboración entre institucións y cidadáns.
Nova York é unha das cidades nas que máis tráfico e desprazamentos se producen en hora punta e por iso iniciou o programa Midtown in Motion para xestionar as horas de maior afluencia a partir de sensores de velocidade e datos que xestionan o tráfico urbano, o que permitiu mellorar considerablemente os tempos de desprazamento. O abastecemento de auga e a conectividade global ao wifi son outros puntos do seu plan para converterse en cidade intelixente.
Co fin de reducir as emisións de efecto invernadoiro París puxo en marcha un proxecto para mellorar a potencia enerxética, a través de edificios ecolóxicos enmarcado en 2050 Paris Smart City. Tamén busca optimizar o tráfico e os fluxos de persoas.
Barcelona
Os vehículos eléctricos son unha das grandes apostas que Barcelona ten no seu plan de Smart City. Así como converter os servizos cidadáns como a mobilidade ou a administración en servizos tecnolóxicos e dixitais.
Tamén ten previsto reducir a contaminación luminosa cunha iluminación pública que minimice os recursos enerxéticos.
Málaga
O proxecto para converter Málaga nunha cidade 4.0 baséase na xestión da enerxía. Reducir as emisións de dióxido de carbono é a misión principal do proxecto no só para os núcleos urbanos, senón que se pretende que chegue tamén aos fogares.
Smart City Santiago de Compostela
Santiago de Compostela conta cun programa para converterse nunha cidade 100% tecnolóxica. Co proxecto Smartiago busca mellorar os servizos públicos, fomentar a innovación empresarial e ofrecer servizo sostibles aos cidadáns.
O punto forte desta iniciativa é a mobilidade sostible, potenciada coa app Smartway (enlazar app), no que se inclúe un plan para fomentar os medios de transporte ecolóxicos, para así reducir a contaminación xerada polos vehículos particulares.
En España, non só as principais urbes son exemplos de cidades sostibles. Cada día podemos atopar máis exemplos de smart cities e máis plans de sostibilidade que buscan dixitalizar os servizos para mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns.
COFINANCIACIÓN FEDER
O proxecto Smartiago desenrólase en virtude a un convenio de colaboración da Línea FID (Fomento da Innovación dende a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020. Tamén está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10%.